A Xunta traballa no estudo de posibles actuacións necesarias de chegar a activarse o nivel emerxencia por seca

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio lamenta a actitude de deslealdade do Concello de Vigo, que non advertiu dos problemas da potabilizadora
Por o 05/12/2017 | Sección: Xunta de Galicia
A Xunta traballa no estudo de posibles actuacións necesarias de chegar a activarse o nivel emerxencia por seca

A Xunta de Galicia traballa no estudo de posibles actuacións necesarias de chegar a activarse o nivel de emerxencia pola situación da seca. Así o puxo de manifesto a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, deu conta compareceu esta tarde no Parlamento de Galicia sobre o traballo realizado polo departamento que dirixe para facer fronte a esta situación.

Recordou que a Xunta de Galicia leva 14 meses coordinando os protocolos que establece o Plan da Seca, aprobado en 2013, para paliar os seus efectos nos sistemas hidrolóxicos da Conca Galicia- Costa. Mato Otero indicou que na actualidade a totalidade da Conca Hidrográfica Galicia- Costa está en situación de alerta, xa que se acumulan catro estacións máis o actual outono, nos que o nivel de precipitacións é anómalo.

Recordou que ante os primeiros rexistros de situación anómala, activouse a prealerta por seca na área de Vigo (sistema 1) en setembro de 2016, situación que en xaneiro de 2017 se amplía a toda a conca. Durante este tempo, mantívose un contacto permanente e constante cos concellos afectados, instándoos xa no mes de maio a reducir os consumos non prioritarios de cara a protexer a auga encourada. tendo en conta o verán. A situación non mellorou polo que en outubro se declaraba a alerta en seis sistemas, aos que se engadiría o do Lérez en novembro.

A Xunta, ante esta situación complexa, traballou con seriedade, realismo e responsabilidade cos concellos afectados, solicitando información sobre os seus usos e traballando conxuntamente na redución dos non prioritarios. O obxectivo era coñecer a situación real da man das administracións locais, que é a que ten competencia de abastecemento e saneamento. En definitiva, grazas á responsabilidade e rigor da Xunta sabemos o que hai que facer: seguindo a situación en coordinación cos concellos afectados, apuntou.

Lamentou que o realismo, responsabilidade e transparencia da Xunta, contrasta coa actitude irresponsable do Concello de Vigo, que no lugar de afrontar as súas responsabilidades, dedicouse actuar cunha deslealdade institucional sen precedentes.

Recordou que a Xunta ten solicitado aos concellos de máis de 20.000 habitantes que envíen o seu plan específico da seca, xa que deben contar co mesmo tal e como establece a Lei 10/2001 de 5 de xullo do Plan Hidrolóxico Nacional.

A conselleira de Medio Ambiente explicou que o Concello de Vigo “non se tomou en serio” a situación, xa que non se entende que o día que se declara a alerta o rexedor da cidade máis grande de Galicia afirmaba que Vigo non precisaba ningunha medida.

Calificou a actitude dos responsables do Concello de Vigo de desleal por faltar á verdade e por ocultar información ata que a situación chegou a ser grave. Mato Otero lembrou que na reunión do pasado 20 de novembro se trasladou que Vigo xa tiña tomadas medidas e non podía pedir á industria nin aos vigueses reducir os consumos, pero ao día seguinte enviaron unha carta pedindo a redución do consumo, é dicir, “50 días despois da declaración da alerta o Concello de Vigo pide reducir os consumos nas industrias, despois de dicir que non podía facer máis”.

Asemade, nas seis reunións celebradas co concello de Vigo non informou á Xunta ata o pasado venres do verdadeiro problema da cidade, as deficiencias da potabilizadora (Etap do Casal) que non permiten tratar auga por debaixo dun 30% de ocupación do encoro.

A conselleira de Medio Ambiente aclarou que non se trata dun problema polo nivel do embalse, xa que cun 38% da súa capacidade podería tratar auga; tal e como o fai o Consorcio do Louro que se abastece da mesma fonte.

Para concluír, a conselleira lembrou que son os concellos os que ostentan a competencia para aplicar medidas de aforro, dado que son os competentes da rede de abastecemento, tal e como fixan catro leis en vixencia.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.