A Xunta de Galicia lamenta o falecemento das persoas que morreron nas últimas horas durante a vaga de lumes e traslada o pésame e condolencias aos seus familiares.
O Goberno galego condena enerxicamente os ataques contra os montes galegos que está a sufrir a nosa comunidade e reitera que seguirá loitando para rematar con esta lacra. Ademais, fai un chamamento á colaboración cidadá para atopar os incendiarios, xa que calquera indicio pode axudar ás investigación policiais.
A Xunta nesta vaga de incendios puxo en marcha todos os medios dispoñibles para acadar entre todos a máis rápida extinción dos lumes, cunhas condicións meteorolóxicas totalmente adversas, cunha actividade incendiaria homicida e cun vento cada vez máis intenso.
O Goberno galego fai un chamamento para que as persoas que estean sendo afectadas por estes lumes teñan sempre en conta os avisos do persoal que está a cargo das tarefas de extinción e agradece o labor de todos os efectivos que están traballando para extinguir todos os lumes.
Noticias de última hora en Vigo