Xuntanza ”Cangas en Negro”

Trátase dunha reunión que está dirixida, especialmente, a todas as persoas e responsables de establecementos hostaleiros
Publicado por o día 15/09/2017 na sección de Cangas,Galicia

Xuntanza ”Cangas en Negro”

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade convoca a unha xuntanza explicativa do programa Cangas en Negro 2017 o vindeiro luns, día 18 de setembro, ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

Trátase dunha reunión que está dirixida, especialmente, a todas as persoas e responsables de establecementos hostaleiros. Todos eles están convidados a participar e adherirse a esta iniciativa social, que ten como misión principal promover e facer visible o rexeitamento ante a violencia contra as mulleres. Aínda así, a concellaría anima ao resto da poboación a que asista a esta reunión.

Durante o ano 2016 levouse a cabo unha colaboración con máis de 100 establecementos, algo que conseguiu que a vila de Cangas se tinguira de negro durante a semana do 25N, para así salientar a repulsa que nos supón a violencia machista.

Tomás Hermelo, concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, destaca que “este ano a acción vai medrar, por iso é imprescindible a participación de todos os bares, cafeterías, restaurantes… Queremos que a nosa voz chegue a todas as persoas”.