Os membros da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xaime Leiro Darriba e Ana González Liste reuníronse este venres en Santiago de Compostela cunha representación do Bloque Nacionalista Galego formada por Olalla Rodil, portavoz parlamentaria deste partido na Comisión de control da CRTVG, Xavier Campos, secretario xeral de comunicación, e Goretti Sanmartin, coordinadora da Executiva Nacional.
A delegación do Colexio insistiulle aos nacionalistas nalgúns dos asuntos da nosa profesión que requiren compromisos políticos e que xa se lle remitiron por carta ás principais forzas políticas. Desde o BNG trasladouse ao Colexio de Xornalistas o “total apoio” ás súas propostas e demandas, asegurando que “unha parte moi significativa” das mesmas xa forman parte do programa desta forza política.
O Colexio de Xornalistas solicita de todas as forzas políticas un compromiso público con medidas que garantan o libre exercicio do direito de información en Galicia. Para isto, púxose a disposición dos distintos candidatos para presentarlles de maneira presencial as reclamacións máis importantes da nosa profesión. Ademais dos encontros xa realizados con Ciudadanos, a Marea Galeguista, o PSdeG, as forzas extraparlamentarias asinantes do manifesto ‘A cidadanía ten dereito a coñecer’ e o BNG, a rolda de contatos continuou hoxe con Galicia En Común – Anova Mareas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.