Xuntanza do sector da pesca do racú galego coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda

Publicado por o día 26/10/2018 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

Xuntanza do sector da pesca do racú galego coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda

Representantes do racú, reuníronse con Ana Miranda no local do BNG de Redondela

Estes armadores expuxéronlle a eurodeputada os problemas cos que se atopa esta flota que conta con 25 barcos e con máis de 100 tripulantes.

Trátase de embarcacións menores de 12 metros de eslora que traballan coa arte do cerco e son consideradas pola Consellería como tales, aínda que realmente son outra cousa, debido o seu menor tamaño e polo tanto con moita menor capacidade pesqueira.

Dende o ano 2011, moitas delas están obrigadas a traballar por fora dos anexos II, lonxe do abrigo das rías, dende o 1 de maio ata o 30 de setembro. Isto fai que con mal tempo sexa moi perigoso saír a faenar, comentan “Nos non podemos saír a pescar onde o fan as embarcacións de cerco, pois os nosos barcos son de menor tamaño e cando fai mal tempo temos que amarrar a porto. Sentímonos totalmente abandonas” comenta un dos afectados.

Tamén cuestionan que no reparto de cotas, estas embarcacións estean no mesmo plan de xestión que as embarcacións de cerco, xa que cando se esgota a cota asignada, o cerco pode desprazarse a realizar outras pesqueiras, incluso noutras comunidades e nos non.

Din que é preciso que as embarcacións de racú conten con cotas especificas para eles, o igual que as teñen o cerco e o xeito.

Pola súa banda a eurodeputada, recolleu todas estas demandas e animou a estes a organizarse e facer vales os seu dereitos, proposta que foi recollida polos presentes que anunciaron a súa intención de constituírse como Asociación.

Tamén a eurodeputada deu a coñecer os presentes o contido do tratado que se está a preparar Bruxelas sobre a pesca ( Sistema de reparto, descartes, fondos etc), así como as alegacións que o BNG vai presentar o mesmo.

Lamentou a eurodeputada a nula defensa que da flota de baixura está a realizar o Goberno da Xunta de Galiza e lembra que no ano 2009 cando Rosa Quíntana, tomou posesión como Conselleira do mar, había mais de 5000 embarcacións de baixura. Hoxe quedan pouco mais de 4000.

Un dos representantes dos armadores e veciño de Redondela, Joaquin Rivas, criticou que nun concello tan vinculado a pesca como Redondela, non exista na practica unha concellería do mar, como si existe en concellos veciños como Moaña ou Baiona. Iso sen dúbida amosa o nulo interese do goberno local por un dos sectores económicos mais importantes do noso concello, afirma.

Pola súa banda o Responsábel Local do BNG, Anxo Lusquiños, comprometeuse que no novo goberno que sairá das vindeiras eleccións, o BNG vai impulsar a creación dunha concellería que realmente traballe man a man co sector pesqueiro e marisqueiro do noso concello e onde cuestións coma estas, poidan ser recollidas e trasladadas a administración competente.