Xuntanza do grupo de traballo sindical de Anova

Publicado por o día 02/12/2013 na sección de Anova,Política

Xuntanza do grupo de traballo sindical de Anova

  Convocámosvos á xuntanza da área sindical para o mércores 11 de decembro ás 19:30h. no local do FOGA, rúa Águia, nº 5.

  Dende a área sindical o primeiro que propoñemos é facer un estudo dos sectores produtivos do noso país, con especial relevancia de sectores como o mar, o naval, o automóvil, pola incidencia que estes sectores teñen na cidadanía, sen desatender ningún sector, xa que toda a clase traballadora está atacada pola política neoliberal deste goberno e os seus recortes.

É por isto polo que pretendemos formar un equipo con persoas afiliadas ou simpatizantes de Anova, que representen a todos os sectores profesionais posibles, para coordinar accións de solidariedade activa da clase traballadora nos seus centros de traballo e á súa vez coordinar para que os conflitos que xurdan teñan o apoio da representación institucional.

Facemos un chamamento a toda a afiliación e simpatizantes a participar das reunións para facer as aportacións que cada un teñan a ben, discutilas e sacar as conclusións que entre todos/as podamos levar adiante. Para calquera proposta podedes poñervos en contacto no seguinte correo: sindicalanovavigo@gmail.com

Saúdos fraternais, o responsable da área sindical: Xosé Carlos de la Fuente (Triqui)
PRENSA ANOVA VIGO