Xuntanza no Parlamento o día 13 da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade

Publicado por o día 11/11/2014 na sección de SF Intersindical,Sindicatos

Xuntanza no Parlamento o día 13 da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade

Este xoves, 13 de novembro, a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, manteremos unha xuntanza, no PARLAMENTO GALEGO, cos grupos Parlamentarios de AGE, BNG e Grupo Mixto para facerlles un chamamento a participar connosco na grande movilización que terá lugar o sábado 29 de novembro, sobre Compostela, baixo o lema “OCUPEMOS O OBRADOIRO”.

Nesta data, 29N, confluirán, en Compostela, 5 columnas nas que participarán máis de sesenta organizacions, colectivos, e movementos sociais da Galiza, todas elas con un espazo reivindicativo e de loita común, así como persoas que a título individual camiñarán xuntas por toda a xeografía galega dende o día 21 e ate o mesmo 29N, CONTRA A CORRUPCIÓN E OS CORRUPTOS reclamando PAN, TRABALLO E TEITO para todas e todas, do mesmo xeito que tamén se fará simultaneamente en todas as nacions, rexións, comunidades e pobos do estado español.

PRENSA SF INTERSINDICAL