xuntanza no Pazo do Hóreo Da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade co BNG, AGE e Grupo Mixto

Publicado por o día 13/11/2014 na sección de Vigo

xuntanza no Pazo do Hóreo Da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade co BNG, AGE e Grupo Mixto

Hoxe mantiveron unha xuntanza no Pazo do Hóreo a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade co BNG, AGE e Grupo Mixto, grupos da oposición no Parlamento Galego que, dende as marchas se entende, rexeitan, se rebelan e combaten as políticas austericidas, autoritarias e de recortes que mandata aTroika e que asumen e impoñen, na Galiza, e no estado Español os gobernos títeres de Turno.

En torno a 20 representantes das máis de 60 organizacións que compoñen as marchas da Dignidade en Galiza mantivemos hoxe unha xuntanza cos grupos parlamentaros do BNG, representado polo seu voceiro Francisco Jorquera, con X.M. Beiras, Yolanda Díaz, Eva Solla e Xavier Ron polo grupo parlamentario de AGE e Consuelo Martínez do Grupo Mixto, co fin de procurar e acadar apoios e respaldo á movilización convocada polas Marchas da Dignidade para o día 29 de novembro que terán lugar, de xeito simultaneo en todo o estado, e que no caso galego conleva unha semanade andainas (do 22 ao 29) nas que, o 29N, cinco columnas de camiñantes confluiran en Compostela para ocupar e ateigar de DIGNIDADE a Praza do Obradoiro.

CONTRA A CORRUPCIÓN E OS CORRUPTOS AS MARCHAS DA DIGNIDADE SEGUEN RECLAMADO PAN TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS.

Os tres grupos parlamentarios expresaron o seu apoio e respaldo. No caso de AGE de xeito incondicional. Jorquera expresou ese apoio en nome do grupo parlamentario do que é voceiro argumentando que así le foi dirixida a convocatoria, no entanto, comprometeuse como membro da executiva nacional do BNG a manter unha xuntanza cas marchas en breve, e sempre antes do día 29, para fixar posición como organización.

No caso do grupo mixto das dúas representantes convocadas tan só asistiu Consuelo Martínez que expresou o apoio tamén en nome da súa organización, Cerne, si ben le pediu ás Marchas que deran un paso máis adiante para solicitar maior cuota de gobernó para Galiza e maiores competencias sobre todo en canto a Trabalo.

Esta movilización se enmarca dentro das acordadas polas marchas da dignidade a nivel estatal para o outono descentralizando pero dándole continuidade ao que foi a marcha sobre Madrid o 22 de marzo. No caso galego a movilización consistirá en distintas columnas que comenzaran a camiñár chova, trone ou neve o día 22 de novembro dende todos os curunchos da Galiza para confluir, organizando 5 columnas o día 29 pola mañá, no extraradio de Compostela xunto cas persoas que nesa data se sumen a convocatoria trasladándose en autobús e outros medios para camiñar xuntas cara a Plaza do Obradoiro donde as 12 da mañan se fará unha concentración programando un acto ludico festivo e reivindicativo para seguir reclamando xustiza social. e PAN TRABALLO E TEITO para todas e todos.

PRENSA SF-INTERSINDICAL DE PONTEVEDRA