Xurxo Lobato “Airiños, aires. Rosalía” vistos a través da súa cámara

O fotoperiodista chega a Vigo cunha exposición sobre a poetisa na Casa das Artes
Publicado por o día 28/06/2016 na sección de Cultura,Eventos,Vigo

Xurxo Lobato “Airiños, aires. Rosalía” vistos a través da súa cámara

É unha exposición itinerante que percorre as principais cidades de Galicia e un libro do fotógrafo Xurxo Lobato evocan a vida e a obra da poeta Rosalía de Castro como poeta e escritora, “como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo da galeguidade“. A exposicion está organizada por la Fundación Rosalía y la Obra Social la Caixa é un dos obxectivos da exposición fotográfica ‘Airiños, aires. Rosalía’ do artista Xurxo Lobato, que chega este venres 1 de xullo á Casa das Artes como unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra.

No acto inauguraral sera o 1 de xullo ás 20 horas, coa presenza do autor, do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e do presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. Permanecerá alí até o 31 de xullo.

Aberta ao público ata o vindeiro 31 de xullo, a mostra percorre a través de fotografías as paisaxes biográficas onde viviu Rosalía de Castro. Territorios, rúas, espazos vencellados a súa vida… interpretados dunha maneira evocadora, suxerente e artística.

Vigo, Padrón, A Coruña, Compostela, Bastavales, Dodro, Madrid, Simancas… Lobato recolle a mirada dun fotógrafo que busca a presenza da poeta a través das pegadas da súa obra e da súa vida.