Xuventude organiza tres concertos-talleres de percusión

Por o 01/04/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Xuventude organiza tres concertos-talleres de percusión

A Concellería de Xuventude de Redondela organiza “ELEKTRONIK KONTAINER”, tres concertos- talleres de percusión. É un proxecto educativo que xorde da necesidade de divulgar a cultura musical a través dunha das disciplinas máis atractivas e fascinantes como é o mundo da percusión. Toda persoa toma parte activa; dunha forma ou outra, desde a súa infancia, do contacto cos nosos primeiros sons percusivos. Os máis pequenos apóianse na observación, no interese e na curiosidade por coñecer novos timbres.

Roberto Oliveira propón unha serie de 3 concertos/talleres de percusión e novas tecnoloxías “Elektronik Kontainer” no Concello de Redondela.

Representacións todas elas con variación de contidos dentro da temática do proxecto e onde da man do artista Roberto Oliveira tamén farán un análise Sonoro/Visual das obras interpretadas, conseguindo que cada representación sexa especial, irrepetible e dándolle un maior aporte educativo e cultural o Concello de Redondela.

REPRESENTACIÓN:

“ELEKTRONIK KONTAINER 6 de ABRIL” 17:00H – Auditorio do Piñeiral do Crego de CHAPELA

“ELEKTRONIK KONTAINER 11 de MAIO” 17:00H – Auditorio Multiusos da XUNQUEIRA

“ELEKTRONIK KONTAINER 15 de XUÑO” 17:00H – Auditorio Multiusos da XUNQUEIRA

DURACIÓN do Proxecto: ELEKTRONIK KONTAINER CONCERTO/TALLER de 50min aprox.

A actividade proposta, ademais de contidos específicos da área de música e tecnoloxía, aborda outros contidos transversais como a expresión oral, a educación en valores e o desenvolvemento do pensamento crítico.

As matrículas pódense tramitar a través da web do Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.