Xuventudes socialestas de Mos recada 1400€ no seu V festival solidario para o proxecto de vivenda tutelada de COGAMI

Por o 11/02/2019 | Sección: Galicia,Mos,Política,PSOE
Xuventudes socialestas de Mos recada 1400€ no seu V festival solidario para o proxecto de vivenda tutelada de COGAMI

O pasado sábado 9 xuventudes socialistas de Mos celebrou o seu V Festival Solidario, en esta ocasión a organización decidiu que o recadado fora integramente doado ó proxecto de vivenda tutelada de COGAMI, a cal comezou a funcionar hai uns días xunto a súa sede no concello de Mos en Puxeiros. Nesta V edición lograron reunir 1400€ entre as entradas vendidas no día do Festival e as de fila 0 vendidas con anterioridade o acto.

O acto contou ca presenza de Celso Álvarez coordinador Crd. COGAMI Mos, a deputada provincial de cohesión social e xuventude Digna Rivas, a candidata do PSdeG de Mos Victoria Alonso e o secretario xeral das xuventudes socialistas de Galicia Aitor Bouza.

Alejandro Figueroa secretario xeral das xuventudes socialistas de Mos, agradeceu a colaboración das empresas que colaboraron coas doazóns de agasallos, carteleria e son que fixeron posible que o acto fose todo un éxito, tamén lle agradeceu o concello de Mos que lle deixara o salón multiusos de balde para a celebración do acto e as asociacións que participaron non so en esta edición, se non a todas as que levan participando dende a primeira edición do festival. Tamén quixo resaltar a labor tan importante que este proxecto ten para os usuarios do centro xa que van poder aprender e por en valor todo o que son capaces de facer no seu día a día, é un gran paso para lograr a igualdade e a inclusión total de todas e todos sexamos coma sexamos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.