XUVENTUDES SOCIALISTAS DE VIGO: “A ausencia do instituto de Navia evidencia o nulo compromiso de Feijóo con Vigo”

As Xuventudes Socialistas de Vigo poñen de manifesto a ausencia do instituto de Navia despois de 11 anos de goberno do PP en Galicia como proba da carencia dun programa político acorde coa cidade máis grande de Galicia e, en concreto, co seu barrio de maior crecemento.
Publicado por o día 08/07/2020 na sección de Galicia,Política,PSOE,Vigo

A organización xuvenil do PSdeG-PSOE de Vigo considera un gran agravio a ausencia desta dotación educativa esencial nun dos barrios olívicos con máis poboación moza de toda a cidade. Acusan o candidato do PP de aplicar unha autentica dexación de funcións respecto da política educativa en Vigo e que ten como máximo expoñente a inexplicable ausencia do instituto de Navia
despois de 11 anos de goberno.

Subliñaron, a modo exemplificador, o aumento da poboación recollido na prensa local que sufriu no ano 2019 o barrio de Navia, chegando ós 9.600 habitantes, o que equivale a un avance do 2,3 por cento respecto o ano 2018. Un incremento poboacional catro veces maior que o resto da cidade de Vigo. Pola contra, compararon estes datos poboacionais con outros concello de Pontevedra e
Galicia. Aseguraron que de ser Navia un concello propio e atoparse en Ourense, atoparíase pugnando con Xinzo de Limia por ser o 5º concello de toda a Provincia, por diante de vilas como
Ribadavia.

Reiteraron que mentres en vilas cunha menor poboación á de Navia hai un instituto, en Vigo este barrio segue sen ter un IES propio. A pesar de que de acordo co INE, na súa revisión do padrón municipal de 1 de xaneiro, pon a todas estas vilas e concellos galegos en crecemento demográfico negativo e en números totais por debaixo do barrio vigués de Navia. Finalmente, concluíron que esta realidade só responde a unha decisión política da Xunta de Galicia onde se obstaculiza unha vez máis, proxectos de cidade, esta vez no ámbito educativo, como foi o Campus FP Meixoeiro e o
Proxecto Cidade do Mar.