Xuventudes Socialistas de Vigo: “As condicións laborais do sector eventual da enfermería pública galega precariza a xente máis moza”

As xuventudes Socialistas de Vigo consideran que a precarización do colectivo de enfermería a través da contratación eventual evidencia a falta de compromiso do goberno galego cunha sanidade pública de calidade e ca consecución dun modelo de emprego estable da mocidade galega.
Publicado por o día 14/02/2020 na sección de Galicia,Política,PSOE,Vigo

Xuventudes Socialistas de Vigo: “As condicións laborais do sector eventual da enfermería pública galega precariza a xente máis moza”

A organización xuvenil do PSdG de Vigo acusa ao goberno de Núñez Feijóo de precarizar o colectivo de enfermería eventual o prolongar inxustificadamente unha situación laboral ó non atopar unha solución acorde a un sistema público de calidade. Afirmaron que dita situación ademais de precarizar as condicións laborais tamén supón a renuncia por parte do goberno galego a mellorar a
calidade do sistema galego de saúde, tal e como o propio movemento “Enfermeiras Eventuais en Loita” ten exposto dende o seu nacemento a comezos do ano 2019.

Dende a executiva de dita organización salientaron que tras 10 anos de goberno do PP na Xunta e a política económica de Mariano Rajoy implantaron un modelo que provocou a precarización das
condicións laborais de toda a mocidade no sector privado e que chegou a estenderse ata un punto antes inimaxinable como sería o sector público sanitario.

Afirmaron tamén que, tras dez anos do goberno de Feijóo, a preocupación actual é a do evitar o coñecemento do problema e non solucionalo. No canto de reverter ditas políticas que demostraron
non acadar os obxectivos no seu día previstos agora a Xunta, a través da consellería de Sanidade, limitase a tentar unha basta censura impedindo colocar cartelería nos espazos públicos en defensa
dunha sanidade pública de calidade, priorizando o interese electoral sobre o da mellora do Sistema Público Galego de Saúde.

Por último, apostaron pola apertura dun novo tempo político en Galicia logo dos dez anos de estancamento económico e social que trouxeron consigo a precarización das condicións laborais de todos os empregados pero cunha gran incidencia negativa da xente máis moza de Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.