Xuventudes Socialistas de Vigo: “Pedro Sánchez é o presidente do goberno que máis se comprometeu ca mocidade de Vigo”.

As Xuventudes Socialistas de Vigo comparan a gran repercusión positiva cara a xente moza da construción da Biblioteca do Estado e a cesión gratuíta do edificio que albergará a Biblioteca de Teis coa falta de proxectos do PP en Vigo.
Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Galicia,Política,PSOE,Vigo

Xuventudes Socialistas de Vigo: “Pedro Sánchez é o presidente do goberno que máis se comprometeu ca mocidade de Vigo”.

A organización xuvenil do PSdG-PSOE vigués considera que a cesión gratuíta do edificio que albergará a biblioteca de Teis xunto co visto bo a proposta de construción dun edificio emblemático na rúa Lalín para albergar a Biblioteca do Estado demostran o compromiso do goberno de Pedro Sánchez coa xente mais moza da cidade en forma dun “apoio ós estudantes vigueses por parte dun Goberno central sen precedentes”.

Dende a Executiva de dita organización salientaron o esforzo realizado polo goberno central por dotar a Vigo dunha rede de bibliotecas digna da cidade máis grande de Galicia e do alumnado da Universidade de Vigo. Consideran que os compromisos asumidos polo Goberno supoñen un complemento básico dunha política educativa caracterizada pola defensa do ensino publico e de
calidade, xa que propicia a creación de espazos educativos e culturais de uso colectivo en instalación adecuadas ó século XXI.

Finalmente afirmaron tamén que o proxecto da Biblioteca Pública do Estado ratifica o principio de igualdade de oportunidades dende unha dobre perspectiva, por unha banda polo feito de construír a propia biblioteca que permite o acceso a todo o estudantado a unas instalación óptimas e propicias para realizar as tarefas propias en condición de igualdade e pola outra, porque a mocidade de Vigo terá as mesmas instalacións que as outras 52 cidades de España que xa dispoñen de Bibliotecas do Estado.

É por iso ca os mozos socialistas piden o voto da xuventude viguesa para o Partido Socialista, de forma que axuden a construír unha ampla maioría aliada de Vigo en Madrid, que lle permita a Pedro Sánchez continuar desbloqueando os grandes proxectos de cidade en colaboración co Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.