XXIV Xornadas de Filosofía e Mediciña en Vigo

Por o 17/10/2017 | Sección: Cultura,Galicia,Vigo
XXIV Xornadas de Filosofía e Mediciña en Vigo

Hoxe vimos de inaugurar as XXIV Xornadas de Filosofía e Mediciña coa ausencia de Jesús Mosterín (recentemente falecido) e que foi alma mater do Grupo Aletheia ao longo de todos estes anos.

Suliñamos a calidade dos relatores que ao longo destes catro días teremos a posibilidade de escoitar en Vigo, unha cidade na que resulta moi difícil concitar un debate filosófico de altura, e na que un ano máis o Grupo Aletheia e profesor Avelino Muleiro achegan esta posibilidade a cantos teñan interese en asistir.

Celebramos que por primeira vez a concellería de cultura do Concello de Vigo asuma a retransmisión en streaming das xornadas, facilitando o libre acceso grazas a súa difusión mediante as novas tecnoloxías da comunicación.

Posiblemente atoparedes cuestións de interese : dende as terapias xenéticas, pasando polo sentido da vida e da morte, bioloxía e trastornos alimentarios, placebos e curas milagreiras, o embarazo subrogado, ¿vale todo en mediciña? etc.

Agardamos que Vigo disfrute destes catro días de FILOSOFÍA!

Quixeramos agradecer a cantos asináchedes a petición ao Parlamento de Galicia para solicitar que a Historia da Filosofía volva ser materia troncal no bacharelato, pois, grazas ás 8.000 sinaturas recollidas, esta proposición non de lei (PNL) concitou a unanimidade dos catro grupos políticos da cámara e vai ser votada en sesión plenaria o vindeiro mércores 18 de outubro.

Ogallá a Filosofía sexa quén de achegarnos onde os soños acariñan a realidade…!

Noticias de última hora en Vigo

3 Respuestas a "XXIV Xornadas de Filosofía e Mediciña en Vigo"

  1. Gamela   17/10/2017 at 14:02

    Canle para seguir as conferencias streaming ou diferido :

    https://www.youtube.com/channel/UCcg7VB6bgv7ylo3Mzuc11gA

    Responder
  2. Gamela   17/10/2017 at 23:02

    Mañán vai ser un fermoso día para a FILOSOFÍA !!!

    https://youtu.be/TEIlu0P3ZYg

    Responder
  3. Gamela   17/10/2017 at 23:20

    Hola Filosofía !!!

    https://twitter.com/PilarMrtnez/status/920231204410060800

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.