Yolanda Díaz aborda os retos da Seguridade Social nas XXIII Xornadas de outono

Yolanda Díaz abordou os catro retos aos que se enfronta a Seguridade Social nun contexto de forte ofensiva contra o Sistema Público de Pensións.

A deputada e voceira de Galicia en Común no Congreso, Yolanda Díaz, participou este venres nas XXIII Xornadas de Outono de Dereito Social que analizaban en Vigo o Modelo Social Europeo.

A deputada estivo na mesa sobre «A Seguridade Social do futuro. Reformas pendentes do Sistema de Seguridade Social, tanto das prestacións como da súa financiación. O cambio de paradigma” e abordou os retos da Seguridade social.

«En materia de Seguridade Social e de defensa do sistema público de pensións temos catro retos que afrontar de xeito urxente para garantir a suficiencia das pensións», sinalou a deputada, que enumerou eses catro retos.

  • Reto Constitucional: «Temos cinco millóns de pensións que están na exclusión social, polo que o artigo 50 da CE, que fai referencia á suficiencia das pensións, debe cumprirse para garantir unhas pensións de calidade. Este é o mecanismo que permite ás persoas pensionistas vivir con dignidade, por iso debemos garantir a súa suficiencia coa revalorización conforme ao IPC por lei».
  • Reto de Financiación do Sistema: «Cómpre mellorar o financiamento do sistema de Seguridade Social a través da supresión de tarifas planas e de redución de cotas á Seguridade Social, loitando contra o fraude e acudindo á financiación vía Orzamentos cando as cotizacións sociais non alcancen».
  • Reto do Mercado Laboral: «Traballando na loita contra a precariedade e temporalidade, que son estruturais no mercado de traballo. Cómpre facerlle fronte a esta estrutura derogarando a reforma laboral do Partido Popular».
  • Reto da fenda de xénero: «Este reto debe ser transversal en todo o sistema. O sistema da Seguridade Social debe ser unha ferramenta para superar as desigualdades de xénero.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM