Yolanda Díaz e Adoración Guamán imparten en Vigo o coloquio sobre “o efecto dos tratados de libre comercio sobre o emprego”

Publicado por o día 10/10/2016 na sección de Cultura,Vigo

Yolanda Díaz e Adoración Guamán imparten en Vigo o coloquio sobre “o efecto dos tratados de libre comercio sobre o emprego”

Esquerda Unida Vigo organiza o vindeiro martes 11 de outubro, a partir das 19:30 horas no Auditorio do Paraninfo do antigo Rectorado da Universidade de Vigo, o coloquio que leva por título “O efecto dos tratados de libre comercio sobre o emprego” e versa sobre a análise da precarización socio-laboral, o efecto do libre comercio sobre os dereitos sociais e as vías de protección e promoción dos mesmos.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada no Congreso por En Marea, será a encargada de presentar a charla, impartida por:


ADORACIÓN GUAMÁN, autora entre outras publicacións do libro «TTIP. El asalto de las multinacionales a la democracia» (Akal, 2015) e profesora de Dereito do Traballo na Universitat de València, doutora polas universidades de Paris X-Nanterre e Valencia, Licenciada en Ciencias Políticas e directora do Máster en Dereito Electoral e Observación Electoral Internacional.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e deputada de En Marea e Adoración Guamán, profesora de Dereito do Traballo, falan sobre a precarización do emprego en Vigo

Hora: 19:30 horas.

Data: Martes, 11 de outubro.

Lugar: Auditorio do Paraninfo do antigo Rectorado da Universidade de Vigo (rúa Oporto 1, Vigo).