Yolanda Díaz e Jose Gusmão imparten a charla “Que pasa en Portugal?: O acordo de goberno do que ninguén fala”

Publicado por o día 18/11/2016 na sección de Cultura,Portugal,Vigo

Yolanda Díaz e Jose Gusmão imparten a charla “Que pasa en Portugal?: O acordo de goberno do que ninguén fala”

Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea xunto co economista e membro da mesa de negociación do Bloco para o pacto de esquerdas, José Gusmão, debaterán mañá sábado 19 de novembro ás 12 horas no Círculo de Bellas Artes, en Madrid, sobre o o acordo entre o Partido Socialista, o Partido Comunista e o Bloco de Esquerda en Portugal e exporán varios dos avances sociais conseguidos no país veciño, facendo unha comparativa coa situación política española.

Na charla, que leva por título “Que pasa en Portugal?: O acordo de goberno do que ninguén fala”, organizada pola Fundación pola Europa dos Cidadanos (FEC), destacaranse a aprobación de medidas como a devolución dos recortes salariais, a aplicación da xornada de 35 horas, o imposto sobre o luxo e o patrimonio ou a derrogación dos concertos educativos, entre outras.

Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea, falará sobre as medidas da esquerda lusa e
os avances sociais

Acto: Charla “Que pasa en Portugal? O acordo de goberno do que ninguén fala”.
Data: Venres, 19 de novembro.
Hora: Dende as 12h.
Lugar: Círculo de Bellas Artes, Sala Valle Inclán (Madrid).