Yolanda Díaz: “Non imos permitir un réxime inxusto que condena á fame e a miseria á maioría social e imos a gañar porque o medo xa cambio de bando”

Publicado por o día 10/12/2015 na sección de En Marea,Política

Yolanda Díaz: “Non imos permitir un réxime inxusto que condena á fame e a miseria á maioría social e imos a gañar porque o medo xa cambio de bando”

Os números 1 e 2 de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, acompañados polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, encheron o Teatro Jofre de Ferrol onde aseguraron que o cambio é imparable e apelaron á forza da cidadanía do común para cambiar o modelo e garantir un futuro á comarca de ferrolterra e de todo o país

O Teatro Jofre de Ferrol encheuse para escoitar as propostas de En Marea esta tarde nun acto que contou coa participación do número 1 pola Coruña, Antón Gómez-Reino, a número 2, Yolanda Díaz, e os alcaldes de Ferrol, Jorge Suárez, e de Santiago de Compostela, Martiño Noriega.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, arrancou o acto poñendo de manifesto a situación que está a vivir a comarca con “traballadores empobrecidos e unha intolerable cola de traballadores na cola do risga esperando unha oportunidade, un exército de persoas no desemprego, esa é a política do PP”. “Non imos a seguir consentindo que o PP malvenda este país. Queren condenarnos ao de sempre e non o imos consentir” asegurou Jorge Suárez. O alcalde ferrolán acusou aos gobernos do PP de botar man da crise para condenar ao noso país, ao sector naval, deixar as persoas sen emprego. “A política do PP é a da destrución, a nosa á da recuperación” afirmou.

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, pola súa banda destacou a situación de Ferrol “continuamente dilapidada e q sigue co seu honor, coa sua dignidade”. “Nos están a mentir, a faltar á verdade. Non podemos garantirlle un futuro aos nosos fillos e fillas” advertiu Noriega. Ante isto, “nós dixemos: temos que darlle a volta, temos que ter a dignidade de intentar ter un futuro diferente, de mudar o estado das cousas”. Salientou a necesidade de ter “ferramentas útiles” como Alternativa Galega de Esquerda, como as mareas municipalistas que gobernan xa en tres cidades galegas. “Por iso nos teñen medo, o inimigo é terrible e non ten piedade” dixo o alcalde compostelá. “Temos a fiestra da oportunidade histórica e temos q demostrar que somos capaces de mudalo todo: dereito a vivenda, anulación do artigo 135, poñer os intereses da xente común por arriba” dixo Martiño Noriega que rematou sinalando que “onde eles falan de competición, nos falamos de coherencia, so publico sobre o privado e o ben común”.

A número 2 por A Coruña, Yolanda Díaz, comezou alentando á cidadanía dicíndolles que “mereceu a pena, a vosa represión, o voso sufrimento,  a vosa loita permitiu falar de cambio político, agora si que hai oportunidade de cambialo todo”. “Estamos cruzando Galicia, e a xente nos está dicindo que está con nós que somos a xente do pobo, que hai Marea, que está farta. Saben que o que nos xogamos non son unhas eleccións máis, non nos xogamos unha remuda do goberno, xogámonos a diferenza entre a vida e a morte, entre un modelo que nos conduce á fame” explicou Díaz. “Temos ilusión e esperanza porque sabemos que o cambio está en marcha pero sobre todo, porque sabemos que a maioría social que sodes vós, os traballadores e traballadoras, os desempregados, 177.000 persoas sen protección social estades con nós e ides ser os protagonistas deste cambio político que xa está en marcha”.

“Non imos permitir un réxime inxusto que condena fame, á miseria, á pobreza á maioría social porque isto é o que está en xogo” asegurou Yolanda Díaz. “Imos gañar esta batalla porque o medo xa cambiou de bando. Hai alternativas e temos alternativas claras como denunciar este sistema inefable e inxusto. Imos derrogar o artigo 20/2012 porque introduciu cousas tan inxustas coma os impagos farmacéuticos, os que somos fillos traballadores imos derrogar o 3+2 que de facto supón que a maioría social no poderá acceder a Universidade. E imos derrogar a reforma laboral non só do PP e a do partido socialista que convocou unha folga xeral neste país. Por culpa desas reformas temos unha situación pola que os traballadores non teñen defensa” continuou a número 2 ao Congreso de En Marea por A Coruña.

“E faremos cousas tan sensatas como mudar as normas tributarias, para que os que máis teñen máis aporten ás arcas públicas. Algo como dicirlle a xente como Amancio Ortega que esiximos a derrogación da SICAV para que os que levan anos agardando pola axudas da dependencia poidan ter unha praza pública” declarou.

No seu discurso Yolanda Díaz incidiu na situación do sector naval co que En Marea asegurou está fondamente comprometida. “Esta comarca sen o naval non é nada, non vive e non é que veñamos en campaña electoral, imos volver o día seguinte das eleccións para garantir carga de traballo, dique flotantes, i+d+i e para garantir que os mozos poidan entrar aí dentro porque sabemos facer barcos e somos os mellores facéndoos. E o señor Miguel Tellado, dicirlle que non hai escusa, seguimos sen traballo” denunciou Yolanda Díaz.

“Eu sei que Ferrol está moi ben, sei que sodes vós os que sufragades o sustento noso e que estades pagando as hipotecas da miña xeración e dos vosos netos. Pero quero transmitirvos esperanza, porque o cambio político está en marcha. E pídovos que o fagades polos vosos fillos que non van ter as vosas condicións de vida. Eu quero un mundo polo que vós loitastes, da rebeldía, da alegría do si se pode. O que nos xogamos o 20D é a vida. Para defender a vida contamos con vós” rematou a número 2 ao Congreso por A Coruña, Yolanda Díaz.

O encargado de pechar o acto do Teatro Jofre en Ferrol, Antón Gómez-Reino, cabeza de lista de En Marea por A Coruña, incidiu nos tres eixos que fundamentan o programa de En Marea como son: rescatar ás persoas, rescatar á democracia abrindo as xanelas das administracións públicas para a participación da cidadanía, e transformar a economía para poñela ao servizo da xente e da vida real.

“Estes días sinto responsabilidade porque estamos diante dun desafío histórico. Pero sentimos sobre todo ilusión porque se nota a vontade de cambio e nin o CIS pode ocultar que estamos en condicións de provocar un cambio social. E non imos facer a política dos engarabatados, senón a política das necesidades diarias. E sobre todo estamos aquí para cambiar a política” concluíu o número 1 ao Congreso de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino.

PRENSA EN MAREA