Protestaron ao berro de “Non á caza do raposo” en Vigo

O 7 de xaneiro, ábrese a veda para cazar raposos en Galicia: Batidas amparadas en escusas ambientais e campionatos para matalos.
Publicado por o día 07/01/2019 na sección de Galicia,PACMA,Política,Protestas,Vigo

Protestaron ao berro de “Non á caza do raposo” en Vigo
Apartir de hoxe luns, 7 de xaneiro, ábrese a veda para cazar raposos en Galicia: Batidas amparadas en escusas ambientais e campionatos baseados na única razón de competir matando. Os cazadores estarán lexitimados para perseguir polo monte e matar a miles de raposos.
 
O Partido Animalista é o único que se opón á caza e que pide a súa prohibición en todo o Estado. Ningún animal debería morrer tiroteado. Loitaremos de forma incansable ata conseguir que a caza sexa un delito.
 
O ano pasado mobilizaronse baixo o lema #YoNoDisparo, e este ano comezaron a campaña de repulsa por esta masacre, realizaron unha concentración hoxe luns, 7 de xaneiro, ás 12:00 en Vigo (rúa Príncipe con Museo Marco).
 
Ademais de coordinar esta acción, PACMA leva meses traballando na recompilación de información que desmonta todos os argumentos utilizados pola Xunta de Galicia para seguir autorizando as batidas de raposos.
O portavoz de PACMA na provincia de Pontevedra, Alberto de Salazar, incidiu en que a caza do raposo “e a caza en xeral” “non teñen sentido nunha sociedade civilizada porque é a diversión de matar por matar”, e insistiu ás administracións para destinar os fondos cos que se apoia esta actividade a outros ámbitos “que benefician a todos e non a uns poucos, como a sanidade, a educación e a atención á dependencia”. De Salazar denunciou que “no 80% do territorio de Galicia está permitida a caza” polo que “Galicia pertence aos cazadores, algo que non se pode consentir”, e cifrou en 12.000 os raposos abatidos por cazadores galegos. Tamén manifestou que todos os partidos “de esquerda e dereita apoian directa ou indirectamente a actividade dos cazadores. A realidade é que, á hora da verdade, non están en contra dos malos tratos animais”. A protesta de onte coincide co inicio do período en que se poderán autorizar batidas para cazar raposos en Galicia os xoves, sábados, domingos e festivos. “Centos de animais morrerán abatidos polas balas dos cazadores”, alertaron desde PACMA. Ademais, manifestaron defender e querer “unha sociedade na que os nenos se eduquen na compaixón e non na crueldade e no respecto aos animais como seres sintientes”.
 
PACMA vai presentar o informe á Consellería de Medio Ambiente e á Secretaría Xeral para O Deporte. Ademais, traballamos nunha proposta legal para prohibir esta modalidade de caza en Galicia, din desde o partido animalista. Traballaremos intensamente para tentar conseguir que sexa a primeira comunidade autónoma que destine recursos a protexer aos raposos, en lugar de dedicalos a matalos, remata.