Zafarrancho de limpeza en Domingo Fontán

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

Zafarrancho de limpeza en Domingo Fontán

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza. Nesta ocasión na rúa Domingo Fontán, dende a Ponte das Correntes até a Ponte do Burgo en ambas marxes.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende hoxe pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.