Zafarrancho de limpeza na avenida das Corvaceiras

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, traslada os zafarranchos de limpeza á avenida das Corvaceiras, no tramo comprendido entre a rúa de San Roque e a ponte de Barca. O zafarrancho tamén inclúe a praza do Gremio de Mareantes e o lateral dos edificios.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende esta tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM