Zafarrancho de limpeza na avenida Juan Carlos I

Publicado por o día 12/08/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

Zafarrancho de limpeza na avenida Juan Carlos I

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa os zafarranchos de limpeza nos barrios da cidade. Nesta ocasión será na avenida Juan Carlos I, desde a rotonda de San Mauro ata rotonda de Loureiro Crespo.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende esta tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.