Zenet e Bliusvai poñen o broche de ouro a un exitoso ciclo musical ‘Solpores do Museo’ que di adeus ata o ano que vén

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial, Corina Porro, asistiron ao evento impulsado pola Xunta no Museo do Mar de Galicia
Publicado por o día 29/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

Zenet e Bliusvai poñen o broche de ouro a un exitoso ciclo musical ‘Solpores do Museo’ que di adeus ata o ano que vén

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial, Corina Porro, asistiron hoxe a derradeira actuación de Solpores do Museo, o ciclo de concertos impulsado pola Xunta de Galicia que arrancou o pasado 24 de xullo. Nesta última xornada, Zenet e Bliusvai puxeron o broche de ouro a programación musical que se despide do Museo do Mar de Vigo ata o ano que vén.

Ambos artistas conquistaron no solpor deste xoves ao público asistente no marco dunha iniciativa que naceu coa vontade de poñer en valor o traballo de artistas, tanto emerxentes como consagrados, a través dunha programación transversal con seis citas musicais que se celebran de balde durante este verán.

Polo escenario do marco incomparable que supón o Museo do Mar de Galicia, en plena ría de Vigo e cunha vista privilexiada das Illas Cíes, pasaron unha ducia de artistas en seis citas musicais que foron todo un éxito desde o principio, como así o demostra que se esgotaran as entradas en tan só día e medio. Un cartel musical con artistas da talla de Baiuca e Presumido, Amaro Ferreiro e Villanueva, Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers, Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño, Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco e Zenet e Bliusvai, que hoxe entoou un ata pronto