Zona Franca afianza o seu compromiso co monopraza da UVigoMotorsport

Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Galicia,Vigo

Zona Franca afianza o seu compromiso co monopraza da UVigoMotorsport

Zona Franca reafirmou o seu compromiso de patrocinio co novo vehículo monopraza co que os alumnos da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo competirán este verán en Alemaña en Formúlaa Student, a competición interuniversitaria de carácter automobilístico máis importante de Europa.
 
Representantes dos 32 alumnos que levan adiante este proxecto, explicaron que o reto este ano consiste en resolver mellor a refrixeración do vehículo ao que están a aplicar un sistema de aerodinámica activa. Durante a entrevista con Regades, os futuros enxeñeiros valoraron moi positivamente o proxecto de pista de probas que a Zona Franca quere levar adiante conxuntamente co CTAG nos terreos da PLISAN inscritos no concello das Neves xa que alí poderán ver como o seu monopraza supera as diferentes probas dinámicas e analizar o comportamento das melloras técnicas que se apliquen cada ano. Nesta quinta tempada, co patrocinio da Zona Franca, os alumnos da escuadra que locen xa un novo logotipo, levarán o nome de Vigo, a súa Universidade e o talento que achega ao sector da automoción, entre os mellores equipos do mundo.
 
PÉ DE FOTO: Alfonso Castro Rodríguez e Manuel Diz Folgar con David Regades e técnica de Zona Franca