Zona Franca analiza as oportunidades de negocio en Israel

Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Galicia,Vigo

Zona Franca analiza as oportunidades de negocio en Israel

Dentro dos denominados “Os mércores de Zona Franca”, esta mañá, celebrouse nas instalacións do Consorcio en Bouzas, unha nova xornada cuxo obxectivo foi presentar as oportunidades de negocio que Israel ofrece para as pemes galegas. A participación de dezaoito pemes galegas pertencentes a múltiples sectores económicos pon de manifesto o interese do tecido empresarial da rexión neste destino comercial.
O Estado israelí recoñécese como un dos países máis innovadores do mundo, presentando un carácter bastante competitivo a nivel tecnolóxico, comercial, científico, industrial, entre outros aspectos de peso.
 
O relatorio principal correu a cargo de María López, e Isaac Chocron, consultores e especialistas no mercado de Israel, que se apoiaron, ademais, no testemuño directo e na experiencia nestes mercados de Sementes Fito con Luís Fernandez- Cervera, e da empresa local israelí de fondos estranxeiros Segured, mediante o seu CEO Samuel Yecutieli.
 
A próxima xornada celebrarase tamén nas instalacións do CZFV en Bouzas o próximo 20 de novembro e terá como obxecto o mercado de China.

Comentar noticia

Your email address will not be published.