Zona Franca expón no Centro Comercial A Laxe os quince proxectos finalistas do World Car Center

Por o 30/04/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Zona Franca expón no Centro Comercial A Laxe os quince proxectos finalistas do World Car Center
Para que toda a cidadanía poida ver os proxectos presentados ao concurso internacional de arquitectura do World Car Center de Vigo e coñecer en detalle o edificio gañador, a Zona Franca ha organizado unha exposición na planta baixa do centro comercial A Laxe que se poderá visitar desde o martes día 30 e ata o 15 de maio.
 
A construción que a Zona Franca levantará en Balaídos, obra do estudo navarro Vaillo- Irigaray, gañador do concurso, será un centro de referencia para a innovación no sector da automoción e os vehículos do futuro. Tal e como destacou o delegado e presidente do xurado, David Regades, destacará por ser “unha actuación singular, simbólica, e cun marcado carácter industrial e tecnolóxico que se constituirá como unha auténtica icona da cidade”. As persoas que visiten a exposición poderán analizar o deseño dun complexo formado por tres núcleos principais que integra o edificio de vivendas xa existente entre parcelas e que destaca pola súa banda superior en V onde aloxa un xardín acristalado. A construción do edificio posibilitará tamén a rexeneración do paseo do Lagares ao seu paso por Alcalde Portanet coa creación dunha praza que unirá a rúa co paseo e a plantación de especies de ribeira.
 
O World Car Center que se construirá a primeiros do ano que vén na avenida Portanet, será un conxunto de dous edificios conectados por catro plantas dun edificio preexistente. Serán 14.000 metros cadrados para os que a Zona Franca prevé un investimento de 14 millóns de euros. O WCCV integrará:
 
– A Business Factory Auto ( BFA), aceleradora de start- ups da automoción, haberá espazos de coworking e salas de reunións específicos.
– A Universidade Corporativa do Clúster da automoción (Ceaga).
– A High Tech Auto de Galicia, que será a primeira incubadora de alta tecnoloxía de Galicia apoiada con fondos Feder para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes.
– Un Competence Center, como centro de experiencia formativa onde se poderán probar e comprobar novos materiais e mecanismos. Un laboratorio de todo o proceso produtivo dun vehículo con áreas como un Mini Smart Factory, Control Room e Virtual Factory.
– Oficinas en aluguer, un auditorio e un potente hall de entrada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.