Zona Franca realiza as súas últimas probas de selección de persoal

Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Zona Franca realiza as súas últimas probas de selección de persoal
Coa asistencia de preto de cen persoas onte celebrouse nas instalacións de Bouzas o último exame correspondente aos procesos de selección para cubrir as prazas de catro técnicos (informática, dereito e xestión) que se convocaron no principio do ano a través da oferta de emprego público 2018. Os resultados dos exercicios e a resolución das prazas coñeceranse ao longo do próximo mes. Con esta convocatoria pública Zona Franca, principal axencia de desenvolvemento económico da provincia, busca paliar en parte a escaseza de recursos humanos desta institución que na actualidade conta con apenas cincuenta e nove persoas en convenio.