Zona Franca únese ao Día das Letras Galegas presentando o libro “Vigo XXII, unha ollada ao futuro”

Publicado por o día 16/05/2020 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Zona Franca únese ao Día das Letras Galegas presentando o libro “Vigo XXII, unha ollada ao futuro”

Para celebrar o Dia das Letras Galegas , David Regades ven de presentar hoxe xunto co director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e maila unha das autoras, Inma López, o  libro “Vigo XXII, unha ollada ao futuro” obra na que dez escritoras e escritores e unha fotógrafa imaxinan o Vigo do próximo século. En relatos breves feitos dende puntos de vista diferentes como o humor, a crítica social, a ciencia ficción, ópticas distópicas e utópicas o libro vai imaxinando, en galego, o Vigo de mañá. Como explicou Regades “esta é a mellor homenaxe que desde Zona Franca lle podíamos facer á lingua e á cultura de Galicia, a nosa aportación ás Letras Galegas ”.

Vigo XXII. Unha ollada ao futuro  foi editado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, baixo a produción e dirección editorial de Galaxia no pasado mes de febreiro como libro de agasallo institucional, pero por causa do Covid non tivo a merecida presentación oficial que hoxe xuntouse co anuncio, por parte do Delegado, de que Zona Franca vai facer un esforzo para apoiar á economía cultural cunhas accións das que se dará conta en breve. Regades – que reflexionou sobre cómo a cultura nos axudou a todos a pasar este tempo de confinamento con películas, libros e música- avanzou que apostar pola diversificación dos nosos sectores económicos é apostar tamén pola industria cultural dotando á área de Vigo das infraestruturas necesarias e participando a través da sociedade de capital-risco VigoActivo financieiramente en proxectos  viables.

Francisco Castro explicou que ningúnha das escritoras e escritores  que a editorial chamou para aportar os seus textos por teren en común o ser residentes en Vigo: An Alfaya, Ana Fontenla, Antonio García Teijeiro, Diego Giráldez, o propio Francisco Castro, Inma López Silva que tamén estivo presente na rolda de prensa, Iolanda Zúñiga, Iria Collazo López, Marcos Calveiro e Patricia Mallo; ningúnha delas, nos seus relatos, imaxinaron “un tempo tan grisallo como este” porque “lectores e lectoras atoparán neste libro moito humor e moito amor” dixo Castro. O director de Galaxia agradeceu a receptividade de David Regades no apoio ao proxecto literario e felicitouno polo seu anuncio do apoio á  Cultura da que aportou como dato que “significa o 4% do PIB de Galicia”.

O feito de que neste confinamento moita xente comenzara a crear desde as súas casas obras plásticas, fotográficas, escritas, músicais etc, foi posto como exemplo pola escritora Inma López  de que as crisis son tamén unha oportunidade para comezar con nova enerxía. Sobre o libro, Inma lópez resumiu que contén relatos máis utópicos que distópicos, xa que a maioría soñou cun Vigo máis limpo, en equilibrio ecolóxico, unha cidade que sobrevive a calquera colapso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.