A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.
Muras
Ás 06,19 h. desta madrugada quedou controlado un lume rexistrado no concello lugués de Muras, parroquia do Burgo, que se iniciou onte ás 20,35 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 75 hectáreas de monte raso. Lembramos que esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio levan traballado 4 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.
Chandrexa de Queixa
Está extinguido, desde as 23,20 h. de onte, o lume do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Fitoiro, que se iniciara ás 12,00 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 2 son de arborado e 23 de monte raso. Na súa extinción traballaron 2 axentes, 10 brigadas, 2 motobombas e 4 helicópteros.
Lobeira
Tamén quedou extinguido desde as 20,35 h. de onte o incendio rexistrado no municipio ourensán de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, que comezara o sábado ás 23,49 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 25 hectáreas de monte raso no parque natural do Xurés. Na súa extinción participaron 3 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.