A nai de Saúl, membro do colectivo de rapeiros “La Insurgencia” e veciño de Coia, agradece a solidariedade do pobo

Elena a nai de Saúl,  membro da banda “La Insurgencia” veciño do barrio de Coia de Vigo ven agradecer este domingo a solidariedade que o pobo esta a ter cos membros da Insurgencia na sua conta de Youtube, nun breve comunicado de agradacemento que noticiasvigo.es trasmite a veciñanza.

Comunicado

Quero agradecer a difusión do video que fixen contando a situación do meu fillo e os seus compañeiros e compañeira de La Insurgencia. Desde a súa publicación, teño recibido centos de mensaxes de apoio, moitas delas preguntando que se pode facer para axudar. Sodes moitas as persoas solidarias que expresades a vosa indignación ante esta inxustiza e a vosa frustración por nos saber como nos axudar. Ben, subo agora este novo video para explicar tres cousas moi sinxelas coas que podedes ser de gran axuda; pídovos cinco minutiños para velo e anímovos a poñer en práctica estas tres suxestións. Moitas grazas a todas. O FUTURO É DAS SOLIDARIAS!

O video

Duas ideas

Manifesto en apoio a La Insurgencia: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSetskS0ctSBK0p9ClI5r44tg3dhmvzpwqPcFfh_eQ1jaaI2qQ/viewform

Lugares e horas das concentracions do sábado 17 de marzo contra la Lei Mordaza: https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1gm8s9wYyZTt2LkE-EqWWmQxwYnFaEsxl&ll=39.19898175521599%2C3.6856753304687118&z=5

Vigo

Concentración el 17 a las 20h en el Museo Marco, rúa do Príncipe.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM