Abre o prazo de presinscrición do primeiro curso de especialista 5G de Galicia, impulsado pola Xunta e a Universidade de Vigo

Será impartido por expertos de multinacionais de telecomunicacións, fabricantes de tecnoloxías e docentes da Universidade

O primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G de Galicia abre hoxe o prazo de preinscrición. Este programa formativo, enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G.

A posta en marcha deste Curso é froito dun acordo subscrito este ano entre a Axencia para Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Vigo, e o operador público Retegal o pasado mes de febreiro.

Impartido por expertos

Está aberto a titulados, estudantes e profesionais do sector tecnolóxico e será impartido por docentes da Universidade e por profesionais expertos do sector, tanto de operadores (Movistar, Orange, Vodafone), como fabricantes (Nokia Spain, Ericsson) e desenvolvedores de solucións verticais (PSA, RTVE, CTAG, SERGAS).

Conta cun máximo de 25 prazas en becas para estudantes, desempregados e persoas en activo. Comezará en setembro, con 200 horas lectivas, divididas en 6 módulos máis o proxecto fin de curso, permitindo obter o título de “Especialista en Tecnoloxías de Quinta Xeración (5G)”. Os 6 módulos impartiranse presencialmente os xoves e venres polas tardes na ETSE Telecomunicación durante os meses de setembro a decembro. Toda a información do curso e os diferentes prazos están dispoñible no seguinte enlace: https://bubela.uvigo.es.

Plan Galicia 5G

O Plan Galicia 5G é ferramenta estratéxica da Xunta de Galicia para impulsar o ecosistema 5G galego e favorecer o despregamento das redes 5G en Galicia, situando a Galicia coma rexión de referencia no desenvolvemento das tecnoloxías 5G.

Coa sinatura do acordo para a posta en marcha deste Curso o pasado mes de xaneiro, a Universidade de Vigo, formalizou a súa adhesión ao Nodo de Cooperación 5G, un punto de encontro entre desenvolvedores e demandantes de solucións desta tecnoloxía para actuar como concentrador dos retos derivados das demandas do mercado e as capacidades das empresas do ecosistema 5 G de Galicia. En novembro formalizábase a adhesión ao nodo os operadores Vodafone, Orange e Telefónica e están prevista novas adhesións nas vindeiras semana.

A Comunidade foi a primeira do Estado e en poñer en marcha un plan para situarse como territorio preferente na pilotaxe de solucións innovadoras baseadas en 5G e facilitar que o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en equipamento e software necesaria para desenvolver posibles casos de uso localícese na Comunidade.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM