ALENTO organiza unha xornada de formación en Vigo sobre como abordar as secuelas a nivel de comprensión, expresión, fala… tras un ictus

A Asociación ALENTO puxo en marcha en 2017 o Proxecto EscuelaDCA, co que pretende fomentar a formación de persoas con Dano Cerebral, familiares e profesionais, que estean en contacto con este colectivo.
A Asociación ALENTO de Dano Cerebral de Vigo, organiza os próximo mércores 29 de maio de 10.30 a 12.30 e xoves 30 de maio de 17.00 a 19.00 unha formación aberta á cidadanía sobre A COMUNICACIÓN TRAS UN DANO CEREBRAL. Relacionarnos como ferramenta para mellorar a nosa calidade de vida.
 
A formación será impartida pola neuropsicóloga de ALENTO, Amparo Rodicio Quiroga e pola logopeda, Teresa Pérez Peleteiro, co obxectivo de coñecer e identificar as secuelas da linguaxe tras un dano cerebral; as súas repercusións a nivel físico, social e emocional e aprender novas estratexias coas que poder enfrontarnos a situacións nas que a vía de comunicación cambiou ou está alterada.
 
Esta xornada de formación está aberta a persoas con Dano Cerebral, as súas familias, profesionais que traballen directa ou indirectamente con este colectivo…
 
A xornada terá lugar os próximos días 29 de maio entre as 10.30 e as 12.30 horas e 30 de maio entre as 17:00 e as 19:00 horas nas instalacións de ALENTO ( c/ Pedra Seixa, s/n – Navia)
 
Tedes toda a información sobre esta actividade en http://www.alento.org/escuelaDCA_comunicacion_tras_danocerebral_vigo_es.html
ALENTO
É unha entidade sen ánimo de lucro que traballa desde o ano 2000 na provincia de Pontevedra para mellorar a calidade de vida das persoas con Dano Cerebral Adquirido. No seu centro de Vigo prestan os seguintes servizos: Información, Centro de Día Terapéutico, Servizo de tratamentos especializados.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM