Anova-IN continúa a rolda de xeiras en Ourense

“As Xeiras, procesos abertos a militantes, simpatizantes e a todas as persoas interesadas en participar, rematarán nunha Conferencia Política Nacional”.

Este venres día 2 de febreiro, celebrarase en Ourense a seguinte rolda das Xeiras de Anova-Irmandade Nacionalista que están celebrándose por toda Galiza ao longo destas semanas.

As Xeiras son procesos de participación política transparentes e abertos a toda a militancia, simpatizantes e todas aquelas persoas interesadas no debate e discusión política que permiten escoitar e achegar propostas encamiñadas a enriquecer o debate político. Concíbense coma traballo político-organizativo que ten como fin resintonizar coa cidadanía e actualizar as súas preocupacións e demandas no actual contexto político de involución democrática xeralizada. Os debates centraranse tamén en, desde a perspectiva do momento político actual e da esquerda rupturista, tomar posicións cara as eleccións europeas e municipais.

Unha vez rematado este proceso, o último chanzo será a celebración dunha Conferencia Política Nacional. A data desta será o 17 de Febreiro, en Teo.

PREVISIÓN:

A Xeira deste venres día 2-F ten por título: “Crise política e saída autoritaria do Réxime do 78” e terá lugar no Local de Ourense en Común, Rúa das Burgas, 8. Contará coa presencia de Lucía España, o Voceiro Nacional de Anova Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM