As actuacións “CUSTODIANDO O SOBREIRAL DO ARNEGO 2018” rematan coa instalación de dous paneis interpretativos na Zarra da Pena

A presidenta de ADEGA e Marcial Barral, representante da familia da parcela custodiada participarán mañá no peche das actividades que contan co apoio da Fundación Biodiversidad

DEGA recibiu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego. ADEGA ten un acordo  de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016 na parcela A Zarra da Pena.

Durante o 2018 desenvolvéronse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego numerosas actividades no marco do proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego. Inventariados de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos, eliminación de invasoras… foron algunhas das actividades nas que participou voluntariado ambiental de toda Galiza.

O sábado pola tarde (16.30H) realizarase a última actividade do ano, vanse  instalar dous paneis interpretativos na Zarra da Pena. Neles coéntanse algúns dos valores deste espazo asi como as actuacións que se están a realizar.

Participarán a presidenta de ADEGA Virginia Rodríguez e Marcial Barral representante da familia que ten esta parcela en custodia do territorio. Acudirán a pechar e valorar as actuacións deste 2018, ano no que o proxecto contou co apoio e o impulso da Fundación Biodiversidad.

A esta última actuación do ano acudirá tamén Ramsés Pérez, coordenador do Proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM