Cando un barrio de Vigo fixo posible o primeiro peche dunha sala de xogos preto dun instituto

A edición local de La Voz de Galicia do 20 de marzo de 1999 recolle o primeiro peche dunha sala de xogos próxima a un centro escolar grazas á presión veciñal. O local estaba na rúa Torrecedeira e as denuncias foron decisivas. O establecemento recibiu a orde de suspensión de actividades recreativas e de xogo por carecer de licenza. «Se se aplicase a normativa vixente para a instalación de novas salas de xogos aos locais dedicados a esta actividade abertos actualmente en Vigo a metade deles terían que pechar. O regulamento da Consellería de Xustiza, publicado no BOE do 3 de abril de 1998, especifica que en ningún caso autorizarase a apertura dun salón a unha distancia inferior a 150 metros dun centro escolar. Coa lei na man, pais de alumnos e veciños do Instituto Politécnico conseguiron clausurar un local próximo. As denuncias máis frecuentes son o ambiente enrarecido e o temor a que os menores se afeccionen ao xogo», conta.
Quizais os barrios de Vigo terían que volver outra vez á rúa para pechar as casas de apostas que proliferan nos barrios obreiros da cidade.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM