CCOO ante o Día do Orgullo de 2019

A Confederación Sindical de CCOO, activista histórica da loita polos dereitos das persoas LGTBI+, abrazará, coma sempre, as reivindicacións deste ano, estando presente nas diferentes manifestacións que percorrerán distintas cidades e vilas do noso país.

Aínda queda moito por loitar e, por iso, CCOO reivindica nos seus diferentes planos de intervención (diálogo social, negociación colectiva e mobilización social):

— Garantir a igualdade de oportunidades real, especialmente no mundo do traballo.

— Traballar na erradicación de situacións de rexeitamento, discriminación, violencia e acoso por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero. En definitiva, acabar coa LGTBi-fobia, con maior insistencia no mundo laboral.

— Velar pola igualdade de condicións laborais de todas as persoas traballadoras.

—Loitar polo recoñecemento de dereitos desde a inclusión da diversidade sexual, familiar e de xénero.

(Consulta aquí o manifesto completo)

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM