CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Vitrasa

O persoal referenda a acción sindical de CCOO, que o pasado outono foi clave para desbloquear o conflito no transporte urbano de Vigo

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO volveu gañar as eleccións sindicais en Vitrasa, empresa concesionaria do transporte urbano de Vigo. A candidatura de Comisións conseguiu 114 votos (36,42 %) e cinco dos trece delegados que se elixían. A maior distancia quedaron a CIG (84 votos, catro delegados), USO (60 votos, dous delegados) e UGT (50 votos, 2 delegados).

Para CCOO, este resultado referenda o traballo realizado polo sindicato, «determinante» para desbloquear o pasado outono o conflito no transporte urbano de Vigo.

Naquela altura, CCOO asinou un acordo —que posteriormente ratificou a maioría do persoal— que permitiu a consecución de importantes melloras, entre as que cabe sinalar un mellor tratamento económico das horas extraordinarias, a redución da taxa de temporalidade ou máis beneficios sociais para o fomento da igualdade.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM