Convocatoria aberta para optar aos premios á excelencia académica de doutoramento

A data límite para a presentación de solicitudes é o 31 de outubro

Recompensar a traxectoria e incentivar o alumnado que inicia os estudos de doutoramento este curso 2019-2020 son os obxectivos dos 36 premios outorgados á excelencia académica pola Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) da Universidade de Vigo. Os galardóns distribuiranse segundo o número de estudantes matriculados en cada programa . Así, aos que acaden entre tres e 12 persoas de nova matrícula outorgaráselles un premio. Aos que acaden entre 13 e 22 dous, incrementando un máis por cada dez persoas. No caso de ter algún grupo de tres ou menos persoas, estas tamén serán galardoadas con un. A contía de cada premio será de 250€ ata acadar os 900€ de orzamento cos que conta a convocatoria.

Os requisitos indispensables para participar nesta convocatoria son estar matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento e obter unha nota media concreta que se calculará segundo as bases dos premios. As solicitudes deberán facerse online con data límite o 31 de outubro de 2019 e unha vez presentadas serán avaliadas por unha comisión na que Antonio Pino García, director da Escola Internacional de Doutoramento exercerá como presidente.

Enlace á convocatoria

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM