Dúas persoas feridas, unha delas evacuada en helicóptero, nunha colisión entre unha moto e un coche en Mondariz

Dúas persoas que circulaban nunha moto resultaron feridas esta tarde ao colidir contra un turismo en Mondariz. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha delas foi evacuada nun helicóptero medicalizado mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Pola súa banda, a outra persoa ferida foi trasladada nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

O accidente produciuse no lugar da Igrexa, na parroquia de Sabaxáns, ás 18:00 horas. Nese momento, o persoal sanitario alertaba do sinistro ao 112 Galicia.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Baixo Miño, do GES e Bombeiros de Ponteareas e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM