Educación abre o prazo para participar o próximo curso no programa de seccións bilingües

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe a convocatoria para que os centros sostidos con fondos públicos soliciten a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2019/20, tal como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

Os centros que desexen implantar unha sección bilingüe deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2019.

A solicitude deberá incluír, entre outros datos, as áreas, materias ou módulos para os que se solicita o programa, as etapas e cursos en que se desenvolverá, a lingua estranxeira de elección, un breve proxecto e o número de alumnos participantes na iniciativa. No referido ao profesorado, xuntarase, de ser o caso, a xustificación acreditativa da súa competencia lingüística no idioma estranxeiro correspondente ao nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCERL).

Esta convocatoria de seccións bilingües enmárcanse na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 (EDUlingüe), para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, na que se contemplan medidas e accións para a mellora da competencia lingüística en linguas estranxeiras do alumnado galego.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM