Facu Díaz e Miguel Maldonado presenta El Nuevo Tour en Vigo

Tras deixar atrás a xira No te Metas En Política: Tour e o seu programa homónimo, Miguel Maldonado e Facu Díaz volven á estrada cun novo espectáculo de comedia que recolle e amplía o espírito alternativo e crítico co que levan máis de cinco anos traballando xuntos. EL NUEVO TOUR, que é como decidiron chamalo nun alarde de orixinalidade e frescura, é unha mestura do político e o frívolo, un show no que voluntaria ou involuntariamente terminarán demostrando o difusa que é a liña entre ambos os conceptos. Estes dous charlatans percorrerán de novo teatros, auditorios e palacios de congresos de todo o estado para poñer os puntos sobre as íes, co convencemento de que non teñen nin a máis mínima idea do que están a dicir.

Datas

Sábado, 09 de novembro de 2019 ás 20.30 horas.

Domingo, 10 de novembro de 2019 ás 19.00 horas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM