Fai dous dias deu inicio o Campus de Primavera Alquimétricos_Maio·Xuño·2019.

Deu inicio como mecanismo e ferramenta necesaria de liberación e descentralización dos saberes suxeitos ás lóxicas directivas, limitantes e competitivas das elites academicistas amparadas polo poder capitalista; pra fomentar outros xeitos de aprendizaxe máis abertos e libres dende unha óptica humanista, onde o coidado no proceso prime sobre a valoración dos resultados. Este proceso permítenos poñer en valor os tecidos educativos alternativos que cada espazo desenvolve no seu día a día. Tamén seguir tecendo redes entre os comúns da contorna, nesa construción de ecosistemas alternativos de vida que imaxinamos e creamos dende cada unha de nós, e en relación coa nosa contorna. Porque o coñecemento é un valor en si mesmo, un dereito de todas. E, como tal, é patrimonio inmaterial do común da humanidade. Este campus é coordinado en Rede entre: 

Espacio Foresta (Gondomar), MilRamas:(Gondomar), Ecolectivo (Vigo) A Cova dos Ratos (Vigo) e a Casa Colorida (Nigrán)

Onte Domingo iniciamos coa presentación do Campus de primavera Alquimétricos na Casa Colorida (Rúa Rosalia de Castro 16, Nigrán)

Hoxe en Foresta-Espacio de Aprendizaje en la Naturaleza (Salgueiro, 36, 36316 Gondomar, Pontevedra) o pasamos en grande coa proposta de creación de xoguetes con infinidade de posibilidades e poucos recursos. En canto observaron o material, as crianzas plantexaron un bó reto; construír un espinosaurio cos paus e os conectores de Alquimétricos. Con moitas ganas e moito entusiasmo… Con eses ingredientes non podía saír mal o experimento!

Seguemos mañá Martes 28 en MilRamas ( Rúa Moreira 1, Mañufe. Gondomar)  co espazo de Xogo Libre para crianzas. Un espazo onde imos a montar e desmontar, a pensar coas mans, a descubrir e redescubrir materiais, a aproveitar os recursos abundantes e pensar solucións creativas e colectivas para desafíos frecuentes. Ímos deseñar os xoguetes que gustaríanos ter tido e celebrar a oportunidade de facelo xuntas.

O Xoves 30 seguemos no Ecolectivo (Camiño do Monte da Serra 38, Vigo) coa Intervención colectiva no espazo público experiencia. Imos fabricar xoguetes didácticos construtivo no acto, con mínimos recursos e infinitas posibilidades. Ven a compartir en familia e a gozar, a pensar coas mans, a armar e desarmar. Vamos a construír estrutura xeométricas empregando o sistema Alquimétricos, unha iniciativa aberta e colaborativa de educación e diversión accesible e inclusiva, para que todxs podamos aprender sobre tecnoloxía, ciencia e artes con os materiais e ferramentas que temos a man.

E finalizamos este marabilloso campus o Domingo no CSA A Cova dos Ratos (Rua Romil, 3 baixo, Vigo) coa #HACKATÓN:  Co-creando soluciones locais. Alquimétricos é un sistema para crear construcións xeométricas de forma áxil, simple e barata. Un truco para hackear e reciclar todo tipo de materiais con ferramentas súper baratas e que atopamos no caixón de calquera taller. Con elas podemos crear pequenos conectores de diversos materiais que, unidos a varillas de todo tipo e tamaño, permiten crear todo tipo de estrutura xeométricas, cúpulas xeodésicas, a forma da arquitectura máis eficiente, modular e escalable que podemos atopar. Convertimos este sistema nunha estratexia didáctica para empoderar chicxs e grandes para aprender xogando a producir seus propios módulos e construír infinitas posibilidades para a escola, a casa ou o campo, pensando principalmente nxs que menos recursos e máis necesidade teñen.

O #CampusDePrimaveraAlquiétricos é un proceso en #Rede e de intelixencia colectiva entre todas as que facemos parte, onde todos os coñecementos e procesos danse de forma colaborativa, compartido libre, en aberto e gratuitamente baixo o marco da #CulturaLibe os podedes atopar na nosa plataforma de contidos en www.alquimetricos.com, baixo licencia Creative Commons.

Ainda estas a tempo de facer parte do Campus de Primavera Alquimétricos. Ven a participar, a ser parte desta comunidade, a aprender e a compartir lo que sabes nesta xornada alquimétrica!

Para mais información http://bit.ly/CampusPrimaveraAlquimetricos

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM