Seguen as boas noticias desde o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra. “Muti”, unha cadela mestiza de seis meses que fora recollida hai dous meses no Concello de Caldas nunha situación moi delicada e que foi recuperada no CAAN, acaba de atopar un novo fogar, sendo adoptada por unha familia de Vigo.
“Muti entrara no centro o 15 de novembro tras ser rescatada na parroquia de Godos do municipio caldense. Tiña unha fractura aberta nivel do cóbado esquerdo, con infección e miasis (debido a que levaba tempo coa lesión), amais de varias feridas repartidas por todo o corpo. Estaba chea de parasitos e moi delgada. Os veterinarios do CAAN tiveron que amputarlle a extremidade debido á gravidade da fractura. E despois puxeron a “Muti” a tratamento, a desparasitaron e vacinaron.
Unha vez recuperada foi esterilizada e identificada con microchip, e esta mesma semana foi adoptada por unha familia de Vigo onde xa ten o seu novo fogar. Con “Muti” son xa once os cans e cadelas do centro de acollida da Deputación que foron adoptadas no que vai deste primeiro mes do 2021.
Hai que lembrar que as adopcións no CAAN da Deputación son gratuítas e o persoal sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitar o centro como para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360. Os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.