Novo socio de Vigo Convention Bureau Eventos y Servicios Norte

Hoxe estan moi contentos de dar a benvida a un novo socio de Vigo Convention Bureau. Trátase de  Eventos y Servicios Norte, unha das principais axencias de eventos e servizos de Galicia con sede en Vigo.

Esta empresa leva traballando na cidade desde fai dez anos e conseguen adaptarse ás necesidades de cada cliente con solucións totalmente personalizadas e respostas rápidas e eficaces a calquera problema ou necesidade.

Son especialistas na organización de todo tipo de eventos relacionados cos ámbitos corportativos, social e deportivo e dispoñen dunha ampla base de datos de azafatas, persoal para eventos (barmans, dj’s, fotógrafos) e auxiliares de servizos para seleccionar o persoal máis adecuado para cada un deles.

Unha aposta segura para que o teu evento sexa todo un éxito.

Desde Vigo Convention Bureau danlle a benvida.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM