O Bng considera que o ataque sufrido por Caballero é unha “falta de respecto” cara ao que non pense como el

O portavoz do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, saíu esta tarde ao paso das descualificacións vertidas polo alcalde da cidade, Abel Caballoro, contra o deputado nacionalista Néstor Prego, motivo polo que lamentou o «desprezo» e as «descualificacións» do rexedor a aqueles que non están de acordo con el.

Na súa comparecencia matinal ante os medios, Caballero referiuse a Prego como parte de «a UPG, sector secesionista, sector marxista- leninista do Bloque que quere separar Galicia de España».

Xabier P. Igrexas, vén de facer pública, no seus perfís nas redes sociais, unha breve reacción que reproducimos a continuación:

«O talante autoritario de Caballero desprezando e descualificando a quen non concorda con el (a veciñanza de Elduayen, as organizacións ecoloxistas da cidade e todas as demais forzas políticas do Pleno) non é novo mais resulta inaceptábel. Causa mágoa ver este nivel de degradación.
O grave non é que sistemáticamente falte o respeito a quen discrepa das súas obsesións. O dramático é que con actuacións ridículas e lamentábeis como a da rolda de prensa desta mañá, falta o respeito á propia alcaldía e á cidade.
Estou certo de que moitas persoas que o votaron non están de acordo con ese comportamento antidemocrático e intolerante. Nin con que confunda a súa lexítima maioría absoluta cunha ditadura romana na que pode facer a desfacer sen escoitar a ninguén.
O BNG de Vigo non imos entrar nese xogo enlamado que empobrece e embrutece a política municipal. Seguiremos empurrando en positivo o novo impulso que precisa Vigo, acompañando cada crítica dunha alternativa e cada denuncia dunha proposta.»

«O talante autoritario de Caballero desprezando e descualificando a quen non concorda con el non é novo pero resulta inaceptable. Dá pena ver este nivel de degradación», subliñou Igrexas a través das redes sociais.

Declaracións do alcalde

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM