O Concello referenda o seu apoio á Orquestra Clásica de Vigo co obxectivo de consolidar públicos

O edil de Cultura participou este venres na presentación do programa da Clásica de Vigo para o primeiro semestre, “Miradas”, que ofrece concertos en marzo, abril e maio no García Barbón. Abel Losada subliñou a “seriedade e profesionalidade” dunha orquestra á que o Concello axuda con 21.000 euros.

O concelleiro explicou que a música clásica é un “obxectivo moi importante” do goberno vigués á hora de “educar e captar públicos” no eido cultural, polo que amosou a “satisfacción total” do Concello cunha “moi boa orquestra que traballa con seriedade e profesionalidade” co obxectivo de consolidar audiencias.

Esta finalidade é compartida por Concello e Orquestra Clásica de Vigo, cuxo director técnico, Manuel Martínez, afondou a idea de chegar ao público e elaborar un programa de concertos pensado para o espectador. Precisamente a división en semestres é unha novidade deste ano que procura facer o abono máis accesible e flexible para a cidadanía.

A proposta para esta primeira metade do ano preséntase baixo o título “Miradas”, buscando ofrecer unha visión aberta e actual da música sinfónica a través dunha ollada crítica ao pasado. A Clásica abre a tempada o 14 de marzo interpretando a Grieg e a Falla (con entradas e abono xa a venda na súa web orquestaclasica.com) e ofrece tres concertos no teatro Afundación de García Barbón onde diversidade e complexidade están presentes, conxugando obras de distintos estilos e autores que proporcionan unha lectura única da música sinfónica.

A segunda cita ten lugar o día 16 de abril, con repertorio de Haydn e Mozart, e o terceiro e último será un mes despois, o 16 de maio, cun programa composto por obras Elgar e Mendelssohn. Nos tres concertos a Orquestra Clásica de Vigo inclúe a estrea das obras gañadoras do concurso CreaClásica 2019 e a formación tamén recorda este ano o 250 aniversario do nacemento de Beethoven, con aberturas do compositor alemán.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM