O Diario Oficial de Galicia publica a relación definitiva de admitidos e excluídos na OPE de Sanidade de varias categorías de persoal estatutario

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermería, celador e grupo auxiliar da función administrativa. Tamén se publican os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega.

Neste proceso ofértanse1.429 prazas, das cales 830 corresponden á categoría de enfermería, 390 prazas á de celador e 209 á de grupo auxiliar da función administrativa.
Por primeira vez inclúese unha reserva de 30 prazas na categoría de celador para o seu acceso a aspirantes que acrediten ter recoñecida unha discapacidade intelectual.
Está previsto que o 10 de marzo de 2019 se celebren os exames para o acceso á categoría de celador. Posteriormente, o 7 de abril deste mesmo ano desenvolveranse os da categoría de grupo auxiliar da función administrativa e o 12 de maio os correspondentes a enfermería.
En total, resultaron admitidos no proceso 28.702 aspirantes. Deles 2.383 terán que realizar o exame de lingua galega, ao non ter acreditado o seu coñecemento mediante a presentación do correspondente certificado Celga.
Por categoría, a de celador rexistra o maior número de aspirantes admitidos con 10.887, seguida da categoría de enfermería, con 8.734 aspirantes e grupo auxiliar da función administrativa, con 9.081 aspirantes.
Nesta mesma resolución determinouse a composición dos dous tribunais de selección que se constituirán para valorar as probas selectivas de acceso á categoría de celador, un deles específico para o acceso pola quenda de discapacidade intelectual.
Na configuración de tales tribunais respectáronse os principios de profesionalidade e especialización dos seus membros establecidos pola normativa vixente así como os criterios de designación elaborados pola Comisión técnica de mellora dos procesos selectivos e aprobados pola Mesa Sectorial de Negociación, o pasado 20 de xullo. Ditos criterios están publicados na páxina web do Servizo Galego de Saúde(www.sergas.es).
Os órganos de selección están formados por profesionais con distinta antigüidade no sistema sanitario público e procedentes de distintos ámbitos de xestión. Todos eles ostentan a condición de persoal estatutario fixo ou funcionario de carreira en categoría para cuxo acceso se require estar en posesión dunha titulación do mesmo ou superior nivel académico ao exixido para o ingreso.

As listas coa relación definitiva de admitidos e excluídos, así como os dos exentos en non exentos da realización do exercicio de lingua galega, poden consultarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais o estado da solicitude pode ser consultado por cada aspirante no seu expediente profesional electrónico en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM