O Galician Freaky Film Festival lanza un concurso de microcurtas online

As obras terán que ser dun máximo de trinta segundos e as mellores proxectaranse durante a vindeira edición do certame, que, polo momento, mantén as datas previstas: do 28 ao 31 de outubro na Sala Videodrome

A pesares da gran paralización que están a sufrir a meirande parte das actividades culturais a causa da pandemia, a organización do Galician Freaky Film Festival lanza unha convocatoria para todos os creadores e creadoras audiovisuais, tanto afeccionados como profesionais, co fin de que poñan en forma o seu músculo creativo.

Para iso lanza o concurso Curta ou Susto no que se poderá participar ata o 30 de maio, con obras dun máximo de trinta segundos (sen ter en  conta a duración dos créditos finais) nos que se transmita calquera sensación que produza un forte arrepío nos espectadores.

Como se pode participar?

Para facer chegar á organización os traballos haberá que utilizar as redes sociais. Os participantes terán que publicar o seu vídeo incrustado nas súas propias contas de Facebook, Instagram ou Twitter, seguir nesa mesma rede ao GFFF, utilizar o hashtag #CurtaOuSusto e ademais etiquetar ao festival.

O tempo para poder participar estenderase ata o 30 de maio.

Pódense consultar as bases completas na web do festival.

Os mellores traballos proxectaranse na #3 edition do Galician Freaky Film Festival que polo momento mantén as datas iniciais e celebrarase do 28 ao 31 de outubro de 2020.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL

Despois de tres anos no que o Galician Freaky Film Festival non parou de medrar e conseguiu colgar o cartel de “completo” en moitos dos seus pases, o certame regresa unha vez máis a sala Videodrome e a cidade co fin de achegar todo tipo de filmes de terror e serie B. O mellor do peor da industria cinematográfica de Galicia, España e o resto do mundo.

Cabe destacar que na edición de 2019 volvéronse a bater as cifras de asistentes, superando o millar de persoas. Algo que demostra que os xéneros clásicos máis pulp: a fantasía, a ciencia ficción, o terror, o gore e toda a serie B en xeral, seguen a ser un éxito.

O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Dragon Ball a pleno pulmón e pedía as películas do Vengador Tóxico no videoclube.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM