O sindicato da policía pide prohibir o concerto de Valtonyc no Festigal

O SUP pediu publicamente á Delegación do Goberno e ao Concello de Santiago que dean os pasos para prohibir o concerto do rapeiro Valtonyc na Galiza no próximo 24 de xullo. A organización do FESTIGAL anunciou nesta terza feira (27) a presenza do rapeiro como un xesto para “reivindicar a liberdade de expresión e contra a involución democrática provocada pola Lei Mordaza e a represión contra o activismo social, político e sindical e o independentismo catalán”.

Valtonyc foi condenado recentemente a tres anos e medio de prisión polas letras da súas cancións. Precisamente o Festigal, evento organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre -ambas vinvuladas ao BNG- anunciou o concerto como unha mostra de “solidariedade e a loita contra o recorte de dereitos democráticos”.

Como consecuencia da condena non está asegurada a presenza do rapeiro no festival previo ao Dia da Patria. O Festigal informa na súa web que o avogado de Valtonyc presentou un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional en que alega que esa sentenza “vulnera o artigo 20 da Constitución e o artigo 19 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, que recoñecen o dereito á liberdade de expresión e de opinión”.

Nun novo ataque á liberdade de expresión, o Sindicato da Policía argumenta precisamente a condena ao rapeiro para xustificar a prohibición do concerto “dun señor que está pendente de entrar en prisión tras ser condenado polo Tribunal Supremo por enaltecemento do terrorismo, inxurias ao rei e calumnias e ameazas”. Un xornal compostelán aproveita para levar á portada unha foto de Valtonyc e un titular en que relaciona o Festigal con ETA.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM